Recensión. Grial 151. 2001.
FRAN ALONSO. Males de cabeza. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 2001.
Neste país esquizofrénico o mal da cabeza non vai polo vento e vén polo aire: Males de cabeza estivo, antes de ser publicado como libro, ó dispor dos internautas en Vieiros, feito significativo se reparamos na relativamente exigua presencia da literatura galega na rede e temos en conta as súas potenciais consecuencias nun mercado xa de seu minguado.
Coñeciamos tamén de antes os relatos “O bar de Sam” (en Narradores de cine, 1996), e “Cousas do intestino” (na revista Bravú, 1997). Falamos de relatos porque o autor, ese autor que se nos aparece ó final do libro nun interesante xogo metaficcional, denomina así os fragmentos que o compoñen. Pero tampouco temos por qué facerlle tanto caso. De feito, entendemos que é precisamente o recurso á metaficción, ese trazo seica tan característico da narrativa posmoderna, un dos elementos que lle imprime á obra maior cohesión e que nos lexitima asemade para lérmola como unha novela. […]
Para seguir lendo: