Recensión. LG3–culturagalega.org. 2004
MARÍA REIMÓNDEZ. O caderno de bitácora. Aventuras espaciais. Edicións Positivas. 2004
A quizais hoxe máis heteroxénea ca heterodoxa Edicións Positivas achéganos a segunda obra de María Reimóndez, quen xa vira publicado neste selo o seu debut en forma de libro, naquel caso de poemas (Moda galega, 2002). Este Caderno de bitácora. Aventuras espaciais (2004) chega ás nosas mans logo de recibir o IV Premio de Novela Mulleres Progresistas organizado pola Concellaría da Muller do Concello de Vigo no 2003, cun xurado integrado por mulleres destacadas no campo da creación e da crítica literaria.
Responde Caderno de bitácora ao seu título, xa que nos atopamos cun diario de navegación que a capitana m. reimon escribe durante as súas viaxes pola galaxia. Nunha probabelmente primeira lectura as evocacións son múltiples e poden ir desde Manuel Antonio (só no motivo, non na estética) ata Star Wars e, especialmente, a triloxía The Matrix e o mundo ciberespacial ata ese fío de discurso feminista iniciado pola Penélope de Xohana Torres. […]
Para seguir lendo: culturagalega.org/lg3/