Carece de importancia

ser_ou_non_borrazas

Recensión. LG3culturagalega.org. 2004

XURXO BORRAZÁS. Ser ou non. Editorial Galaxia, 2004

É Ser ou non unha novela que relata a súa propia creación, unha volta máis no xogo metaficcional que é teima constante do autor desde o seu primeiro libro. Hai nela, xa que logo, moito da obra inmediatamente anterior, Pensamentos impuros (2002), mais tamén de Criminal (1994), de Eu é (1996) ou de O desintegrista (1999): fragmentarismo, feitura posmoderna na historia e no discurso, vontade experimental.

Seguimos así mesmo tendo dous planos ficcionais intercalados con desigual fortuna.
No primeiro un escritor recentemente premiado cóntanos do seu retiro a unha aldea abandonada dos Ancares, onde asistimos á que podería ser unha das historias máis novas e ousadas da narrativa última, a súa relación sexual e amorosa cunha anciá, inesperada e fantasmal habitante dese lugar, que fai abanear parte do seu mundo anterior:
–Ti non deberías estar só, neno –espetoume–, non me estraña que inventes libros (p.117).

[…]

Continuar lendo: culturagalega.org/lg3

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s