Artigo. Revista Abril, 32. Luxemburgo, 2006.
Comezar afirmando que toda novela é histórica dános marxe para non investir esforzo en cuestionármonos o porqué do suposto excedente, cunha visión cuantitativa da prosa última, na produción da que podemos chamar narrativa da memoria.
Mais estas liñas non se pretenden nin cuantitativas nin exhaustivas ‒léase tamén plurais‒. E non é que non nos folguemos coa pluralidade de voces, que nos trouxo normalidade, como a autonomía nos trouxo o marco político que meteu a novela galega nos institutos do país, seguramente o feito máis determinante na súa evolución no posfranquismo. […]
Para ler o artigo completo: