O Plan Ibarretxe contado aos nenos

o_fillo_do_acordeonista_atxaga

Recensión. LG3culturagalega.org. 2005

BERNARDO ATXAGA. O fillo do acordeonista. Edicións Xerais, 2004

Chega O fillo do acordeonista, á última contribución á narrativa de Bernardo Atxaga, ás mans do lector galego grazas ao traballo de Edicións Xerais e faino con tempo e, sen dúbida, vontade de atinxir o interese dun público que se sabe reticente a pasar pola tradución ao castelán para acceder a un universo ficcional que, neste caso, vén do celebrado Obabakoak (Premio Nacional, 1988), recolle moitos dos temas anteriores, e sitúase nun horizonte de expectativas que ten moito de Galeuska –en sentido amplo, alén do nacionalismo literario–. Non podemos logo deixar de agradecer o esforzo de Xerais, malia atoparmos algunha incorrección morfolóxica que empece por veces a lectura, e que sería doadamente resolúbel cun mínimo traballo corrector no caso dunha hipotética segunda edición.

Conecta esta novela, no que ten de documento histórico-memorialístico, con boa parte da máis recoñecida narrativa galega última, esa que nos quere contar o que ocorreu desde a Guerra civil até hoxe tamén desde o plano ficcional aínda que con moi diferentes tons e sensibilidades, e que iría desde O lapis do carpinteiro até No ventre do silencio. […]

Continuar lendo: culturagalega.org/lg3

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s