Recensión. LG3–culturagalega.org. 2004
SÉCHU SENDE. Orixe. Editorial Galaxia, 2004
Coñeciamos a Séchu Sende como autor de poesía (Odiseas, 1998), razón pola cal o Premio Blanco Amor de novela 2003 foi unha nova de eco redobrado. Un poeta recibía un premio de narrativa que quere situarse entre os máis importantes do sistema se reparamos na dotación económica, na escolla representativa do xurado (autores e críticos) ou no feito de que en dous meses poidamos ler a obra premiada nunha edición de Galaxia.
Orixe entretece ao longo das súas páxinas dous temas eternos, amor e compromiso sociopolítico. Lemos, en declaracións do autor, que pretendeu escribir unha novela de ciencia ficción que o Prestige converteu en realista, pero cremos que ao resultado final lle acae mellor a etiqueta de política ficción –na liña da denominada por Jameson alegoría nacional– o que coloca esta obra en diálogo co Ferrín de Retorno a Tagen Ata ou co Darío Xohán Cabana de O cervo na torre. Así, en motivos como o control policial, o discurso e a residencia do ditador, as tractoradas, ou a magnífica e estarrecedora Cidade do Descanso Eterno, non podemos deixar de ver o fío nebuloso (“somos o pobo que sabe mirar a través da néboa”, p. 157) que mestura ficción e realidade. […]
Continuar lendo: culturagalega.org/lg3