Recensión. LG3–culturagalega.org. 2006
CAMILO FRANCO. Palabras contadas. Edicións Xerais, 2006
Camilo Franco pode escribir, expor en salas de arte contemporánea, inaugurar onda nós o concepto de “intertextilidade”, andar a voltas coa creación dixital ou conducir happenings e nin por iso acudimos a palabras como polifacético ou multidisciplinar, malia non acreditarmos na pretensión de intranscendencia en todo este labor. Esa que xa había no libro anterior, Por conto alleo (2003), unha caste de experimento cibernético de brevidade e inmediatez traspasado ao papel.
Este Palabras contadas (Xerais, 2006) chéganos con esa vontade de ir á contra –teima na súa literatura e mais na crítica radiofónica, tamén naquel discurso xornalístico menos mediado– aquí en extensión pero sobre todo en modalidade “inevitabelmente paródica”. Se atendemos as palabras do autor recollemos a idea de que andamos nun sistema cultural que vive pendente do pasado, extraviado entre o urxente e o importante.
No arco creado polas poucas palabras morte, soidade, amor, violencia, caben os 139 relatos deste libro –coma quen di a literatura toda– e cara aí, entre outras cuestións talvez máis conxunturais no que de mediáticas teñen, chámense número de páxinas dunha novela ou narrativa da memoria, pensamos que apunta o adxectivo ´importante´ nun autor que tende a fuxir deles, a evidenciar as fendas. […]
Para continuar lendo: culturagalega.org/lg3