Recensión. LG3–culturagalega.org. 2004
PILAR BUELA. Ácaros verdes. Sotelo Blanco Edicións. 2003
O premio Lueiro Rey de novela curta 2003 achega unha voz nova e, no que conseguimos rastrexar, inédita, ao panorama da narrativa actual: a de Pilar Buela. O cal supón que non sabiamos máis desta profesora de ensino medio cando nos enfrontamos á obra có contido nas poucas liñas da contraportada.
Ácaros verdes lévanos á desolación do Berlín dos últimos días de dominio do nazismo e escolle para narralos a perspectiva de dúas non protagonistas da Historia: Eva Braun e Magda Goebbels. Isto colócanos xa nun episodio histórico controvertido se temos en conta, por exemplo, as investigacións que manteñen que Hitler e Eva Braun en realidade non se suicidaron no búnker berlinés no 45. Así e todo, non parece que a cuestión histórica sexa un motivo de especial atención na novela, senón máis ben un pano de fondo, algo que se respecta e que puido ser motivo de partida, pero que tamén pode pasar relativamente inadvertido. […]
Continuar lendo: culturagalega.org/lg3