ÓLIVER ESCOBAR. Apostasía. Edicións Positivas, Compostela, 2006.
A última bengala, primeiro libro de Óliver Escobar, publicouse no 2004 logo da concesión dun accesit do Premio Esquío. Continuar o camiño de entrada na Gran Enciclopedia Galega, agora da man de Edicións Positivas, debería significar algo. Na súa colección di-versos soubemos de Lois Pereiro, de Manuel Outeiriño, de Ronseltz, e daquela esas edicións de cartón gris chaman por nós.
Óliver Escobar entrega este seu segundo libro cun título, Apostasía, necesario para quen procure unha poesía atea (collo emprestada a denominación doutro poeta do seu tempo), máis non é isto necesariamente o que imos atopar. Monseñor Gea Escolano non debera encabezar poema ningún. Escribir un libro onde el vai que non é motivo de excomuñón. […]
Continuar lendo:
Recensión. ProTexta, revista de libros de TEMPOS Novos, 1. 2006