foto: Olalla Lojo
BIEITO IGLESIAS. Perfil biobibliográfico
Bieito Iglesias (Ourense, 1957) non pertence á caste monárquica nin ten oficio de taberneiro. Quédalle sumarse á delongada listaxe de literatos docentes, tamén medrada se falamos daqueles que ensinan letras. Non vive temoroso de que os seus alumnos do instituto compostelán de Lamas de Abade perdan a lingua, se cadra o seu non é propiamente nostalxia. Diriamos mesmo que é un non acreditar nese construto denominado feísmo, rururbanidade, ou así. Se cadra é que medrou entre os barrios ourensáns de Quintián e A Chavasqueira e o lugar de Pol, Concello de Coles. Porque sabe que o encoro de Velle é paisaxe posnuclear e o seu despoboamento signo de que igual xa non hai quen apague a luz. Na liña Santiago-Ourense[-Pobra de Seabra] constrúe a súa obra. No carreiro da letra e da violencia foille dado o privilexio de comezar co impacto d’A esmorga nos anos do bacharelato.
Coñécenselle uns poemas na revista Dorna, xénero que hoxe garda no chineiro. Entre o conto e a novela curta vai abalar o conxunto dunha produción que anda na ducia de títulos, desde aquel Aventura en Nassau (Xerais, 1991) dos tempos de procurar xorne erótico onde por veces non o había. Non é o caso. […]
Para continuar lendo:
Perfil. ProTexta, revista de libros de TEMPOS Novos, 7. 2008
entrevista: Iago Martínez