Desarquivar a perda

fogar_impronunciable_maria_do_cebreiro

Texto para presentación. Quantas letras para um rio
http://letrasparaumrio.wordpress.com/
. 2011

María do Cebreiro Rábade Villar. Fogar impronunciable. Poesía e pantasma. Editorial Galaxia, 2011

O lugar atravesa a obra de María do Cebreiro Rábade Villar. Volvemos, cando menos, a O barrio das chinesas (2005). O poemario comeza dicindo «Como todos os lugares, este barrio empezou sendo outro lugar» e remata declarándose libro de viaxes. A escritora pon e quita apelidos pero é a mesma. Tempo e lugar, a historia da cultura, as coordenadas que habita de maneira máis decidida.

Se cadra a idea máis poderosa de Fogar impronunciable póusase na defensa e na vontade de volver ler no pasado como condición para albiscarmos outro futuro. Escoitámosllo á autora hai uns poucos días na súa intervención no ciclo Escrita(s) en Sargadelos A Coruña. A imaxe dialéctica, aquela que Walter Benjamin identifica coa historicidade propia da revolución. Di Cebreiro: «como incursión no futuro foi pensada a temporalidade revolucionaria». […]

Para continuar lendo: letrasparaumrio.files.wordpress.com

Volver da febre

acusacion_xiana_arias

Recensión. Quantas letras para um rio. 2010
Xiana Arias. Acusación. Editorial Galaxia. 2009

Non hai achega a este libro que non ande algún dos planos da violencia: desexo, medo, extravío, coñecemento. A problematización do espazo relacional e as súas formas de asfixia percórreno e avisan a cada tanto, mesturadas con outras e diversas facianas dos mecanismos de poder: “Onde gardamos o que sabemos sobre as cordas?”.

Judith Butler e Rosalía de Castro naceron un 24 de febreiro separadas por 119 anos, feito que coñece a poeta que escribe para se inculpar e que pode explicar moito do que en Acusación lemos. A propósito de Antígona preguntábase a pensadora norteamericana se pode existir parentesco, non referido especificamente a familia, sen o apoio e a mediación do estado. Esta, máis ben formulada no sentido inverso, é unha das interrogantes que importan no libro. O coñecemento da linguaxe do poder amósase desde o título, a confrontación con ela pasa por non escoller a porta do medio. […]

Para continuar lendo: letrasparaumrio.wordpress.com