Ansiedade e abrelatas

presenta_transmuta_Bou

transmuta, de Xabier Cordal, foi presentado no Centro Social Bou Eva o 26 de xaneiro de 2013. Acompañaron tamén ao poeta Alberto Lema e Francisco Sampedro.

Xabier Cordal. transmuta. Edicións Xerais, 2012

Tratarei de ler sobre as voltas para entrar, por dicir algo, en transmuta. Anotacións en lapis antes e despois do paso por Google, fotocopiar o “dramatis personae” e intentar que se corresponda con cada poema, non vaia ser que estea por orde. Incomodarme coa falta de puntualidade que me fixo perder a intervención de Oriana Méndez cando se presentou na feira do libro en Compostela a primavera pasada. Incomodarme coa falta de memoria que me imposibilita o acceso a moito do que alí dixo Arturo Casas. Ler os catro libros que escribiu antes. Desistir de case todo o anterior. Ler de novo.

Polo medio acudir a un texto xornalístico deses que se len poucos, a entrevista que a Cordal lle fixo Daniel Salgado en xuño de 2012 e que se publicou en “Luces”, suplemento de cultura de cando había verdadeiramente El País Galicia. […]

Para continuar lendo: “Ansiedade e abrelatas

«O século XX é pasado na nosa literatura, non o vou reivindicar»

oriana_mendez

foto: Mario Llorca

Un espazo pechado en si mesmo onde as relacións se ven alteradas. Ese é o lugar de cero (Galaxia, 2011) para a poeta que non escribe desde o centro dun mundo que fora Europa. Neste libro de Oriana Méndez (Vigo, 1984) a distancia faise voo, alteración dos sentidos. As superficies non se enxugan, proxectan estrañamento. Di que pensa en imaxes pola súa contundencia, contra herdanza e propiedade, interésase polos buratos comunicativos do poema. Coñece o Paul Celan da Limia e sabe xebrar neodecadentismo que non estorba e redes para a demolición do suave.

ProTexta: “É unha indagación permanente sobre o centro mesmo do significado», lemos sobre o libro na presentación que preparou a editora. Está de acordo?
Oriana Méndez: Supoño que se refire a que é un libro máis analítico ca narrativo, con respecto a [Derradeiras conversas co capitán] Kraft. Decidinme a observar, máis ca a participar activamente nun proxecto de relato de emancipación, como podía ser o anterior. É unha indagación ou unha análise, por aí podo estar de acordo.

P.: Que caste de lugar é Mudmax, ese espazo en que o libro remata e ao que se chega en transportador?
R.: Non hai unha referencia concreta, pero é un sitio ao que me resultou difícil chegar, e por iso fun co acompañante xordo. Esa parte ten resonancias kafkianas, xoga máis co absurdo ca o resto do libro, e Mudmax vai nesa liña. […]

Para continuar lendo:
Entrevista. ProTexta, revista de libros de TEMPOS Novos, 18. 2011

Crítica de cero: Isaac Lourido 

«Hai moitos anos que cansei dese tal Reixa, paréceme algo prosma»

protexta_8_portada

Do Silabario da turbina (1978) ao Látego de algas (2008), trinta anos e un non querer falar do tempo nestoutra sala de espera. Na coordenada do lugar sairían con certeza Vigo e Viva Galicia Beibe (1994), libro que, estando na memoria, nunca se dá aprendido. De por parte, a distancia entre a mira do francotirador e o ollo da cámara, entre o impacto e o afago. Quedou por preguntarlle ao Reixa de agora se, independentemente do barrio onde lles poñan a caseta, os cans se volven algunha vez heavis ás noites para ladrar pesado.

Non é fácil, de ir sen plano da cidade, atopar Filmanova, produtora audiovisual, como non o é dar hoxe co poeta que escribiu para o disco Fracaso tropical (1988) aquilo de “hai galegos que nin triunfan nin fracasan porque decidiron ostentar a súa condición de tales e eses son os máis resentidos”. Comezar polo principio, falar amodo, Reixa, ruído, riso, remanente.

ProTexta: Que pensas que quedou de Rompente, ademais da advertencia de que aquilo ía en serio?
Antón Reixa: De Rompente quedou fundamentalmente un interese por todo o que é multimedia e interdisciplinar. A memoria que teño da súa produción, ademais daquela aposta pola modernidade tanto na expresión coma na posta en escena, ese sentido interdisciplinar, foi o que me marcou para o resto da miña actividade profesional e artística. Teño aí unha boa reserva espiritual.

P.: Es dunha quinta que andades no medio século. Como ves a historia do rock´n´roll, Atlántica, Siniestro, logo dos anos que pasaron?
A. R.: Se te refires á década dos oitenta, foi a época máis intensa, sobre todo na faceta artística multidisciplinar, e dela teño a memoria máis viva. Teño unha nostalxia positiva. Aqueles anos, por moi frívolos que fosen, que o eran, efectivamente, foron tamén de moita tolerancia e creatividade e incardinábanse coa conquista popular. Eramos unha xeración de artistas que se inscribe directamente na cultura do lecer, do que se segue chamando “cultura de masas”. Creo que o diálogo coa cultura de masas nesa época foi moi ben afrontado polo que sería a miña xeración artística, fundamentalmente musical. […]

Para continuar lendo:
Entrevista. ProTexta, revista de libros de TEMPOS Novos, 8. 2008

perfil: Xabier Cordal // crítica de Látego de algas: Isaac Lourido // fotos: Olalla Lojo

Sairalle barba a Rosalía?

pilar_beiro_bingo_protexta6

Pilar Beiro. Bingo. Sotelo Blanco Edicións, Compostela, 2007

Pilar Beiro volve escribir un libro de poemas, aínda que quizais no seguinte haxa unha voz que conte que o Bingo que agora temos nas mans é outra cousa. Nas súas páxinas lemos como quen enuncia alude –a propósito de Hinterland? (1999)– a un “Manual de Economía política, un pouco cru, / nunha nova corrente de marxismo autóctono postindustrial” que “Debe ser rescatado dos andeis onde pon POESÍA / e abeiralo alí onde se le: Disidencia e Fin”.

O discurso de Beiro insírese máis unha vez nunha poética autorreflexiva en que linguaxe, intervención social e feminismo se mesturan cun certo distanciamento irónico e comparte maneiras de achegarse ao real coas Redes Escarlata, entre a Chus Pato dos últimos libros e o Xabier Cordal menos grave. Coa pretensión de incluílo todo no poema, con Adorno, Rimbaud, Celan, Chavela Vargas e Anna Akhmátova, na beira oposta Adam Smith. Con Pondal nun irónico exercicio de deconstrución, levándolle a contra a Manuel Antonio a propósito de onde vén o aire, todo patrocinado por “Nosa Señora da Perpetua Cháchara” / (Musa moi socorrida)”. […]

Continuar lendo:

Recensión. ProTexta, revista de libros de TEMPOS Novos, 6. 2008