O eu lírico existe e hai xente detrás

gzcrea2007_protexta4

LUCÍA ALDAO, LEDICIA COSTAS, BRAIS GONZÁLEZ, VERÓNICA MARTÍNEZ DELGADO, ALBERTE MOMÁN. Isto é un poema e hai xente detrás. Xunta de Galicia – Espiral Maior, 2007.

O certame Gzcrea 2006, no apartado de poesía, deu para dous libros coeditados por Espiral Maior e a Xunta de Galicia. Xosé Antón Cascudo, autor inédito, recibiu o primeiro premio con Manual do misántropo en canto o segundo e o terceiro, canda tres mencións de honra, compoñen Isto é un poema e hai xente detrás, compilación de textos de cinco mans que non chegan aos trinta anos.

Ese tramo de idade para o que a estatística nos fala de precariedade económica e inestabilidade laboral compón aquí unha foto de grupo que parece acreditar na subxectividade como vía para o coñecemento. E é que sobrancea marcadamente a lírica, entendida á maneira de quen acredita nos xéneros, e o discurso entre o desamor e o amor.

Comprobamos que non hai voces inéditas, que Lucía Aldao e Brais González, segundo e terceiro premio do certame, contan con cadanseu libro publicado así como con obra esparexida en revistas, e que entre as mencións de honra temos nomes que xa coñeciamos, tamén da narrativa, como o de Alberte Momán e Ledicia Costas, así como unha poeta con tres obra na rúa, o caso de Verónica Martínez Delgado. […]

Continuar lendo:

Recensión. ProTexta, revista de libros de TEMPOS Novos, 4. 2007

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s