MARCOS S. CALVEIRO. Cartas do terceiro día. Espiral Maior, A Coruña, 2006.
O premio de poesía do Concello de Carral foi, no 2005, para un autor sen obra publicada até este ano, fóra do dixital, Marcos S. Calveiro, non por acaso supoñemos apelido materno, co libro Cartas do terceiro día.
Na colección de literatura xuvenil de Tambo saíu a novela Sari, soñador de mares, onde sabemos dos ventos e dos escachos con pirixel que este non compartiu co mestre Sinbad. Agora chéganos na colección de poesía de Espiral Maior un poemario composto por vinte e nove cartas: en páxina par unha da nai e en páxina impar unha das irmás-compañeiras, dirixidas a quen puido ser a derradeira falante do nuxu. Esta lingua, un sistema de comunicación exclusivo das mulleres dun anaco da China interior (dise que anterior á revolución cultural), é case descoñecida: a sociedade impedíalles o acceso ao coñecemento escrito na variante lingüística que os homes aprendían na escola. […]
Continuar lendo: